Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Profesores e profesionais médicos son os principais grupos de risco da síndrome do queimado, unha afección do ámbito laboral que xera esgotamento, desmotivación e angustia
Esgotamento progresivo, desmotivación para o traballo e cambios repentinos do estado de ánimo con sentimentos de tristura, pena, angustia, malestar psíquico acompañado de melancolía, pesimismo e insubstancialidade. A lista resume os síntomas que o psiquiatra Herbert Freundenberger atopou en 1974 nos traballadores dunha clínica para toxicómanos. Este cadro bautizouno como a síndrome de 'Burnout' ou ''queimado polo traballo''. Dende aquela, a súa expansión foi constante. Estudado no ámbito sanitario, e clasificado nun primeiro momento como exclusivo deste grupo, máis adiante púxose de manifesto que calquera traballador se pode ver afectado. Malia iso, os expertos seguen sinalando os profesionais sanitarios, amais de profesores e estudantes, como persoas de alto risco.
Esta modalidade de estrés crónico, que se desenvolve en contextos laborais, afecta, segundo diversos estudos, a uns 43 millóns de traballadores na Unión Europea. Ademais, estímase que ten un custo directo de 20.000 millóns de euros no conxunto europeo por absentismo laboral e diminución da produción.
A síndrome desenvólvese de xeito progresivo. O primeiro indicio é o estrés; o suxeito vese desbordado polo traballo. Máis tarde, aparecen síntomas como tensión, fatiga, irritabilidade e nerviosismo, para rematar con trastornos condutuais e de relación no ámbito laboral e familiar. E aínda que todas as persoas están expostas aos factores que favorecen a súa aparición, só as máis vulnerables desenvolven a síndrome. Os datos sinalan como individuos de maior risco:
Constatáronse, ademais, factores desencadeantes no ámbito laboral:
A síndrome, na súa etapa final, produce tal esgotamento emocional e psíquico que aparece a despersonalización, estado no que o afectado se sente 'separado' tanto do seu contorno como da súa identidade e existencia física. Nestas condicións xorden síntomas psicosomáticos, como fatiga crónica, insomnio, cefaleas ou trastornos gastrointestinais; síntomas emocionais (irritabilidade, frustración, depresión, ansiedade, impaciencia ou afastamento afectivo); e síntomas condutuais como abuso de drogas (legais ou ilegais), absentismo laboral, conflitos interpersoais e laborais, inseguridade, diminución do rendemento e episodios violentos, entre outros.
O diagnóstico da Síndrome de Burnout baséase na sintomatoloxía e no coñecemento da situación laboral e da organización da empresa. Este último aspecto, coñecido como 'saúde empresarial', escápaselle en moitas ocasións ao médico de familia, polo que adoita ser o médico de empresa o que está en mellores condicións de establecer un diagnóstico axeitado. Dado que a cobertura nas empresas de especialistas en saúde laboral é limitada, é habitual que non se aborden estes casos de xeito integral.

Unha vez diagnosticada a síndrome de 'Burnout', a terapia oriéntase cara a dous niveis: individual e de grupo. Algunhas compañías nas que adoitan darse situacións que ben poderían favorecer a aparición desta síndrome, ofrecen recomendacións para intentar aliviar as súas consecuencias, aínda que o habitual é que só se fixen no plano individual. Entre as máis utilizadas, atópanse:
En CONSUMER EROSKI tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI