Saltar o menú de navegación e ir ao contido

CONSUMER EROSKI, el diario del consumidor

Buscador

Boletines

| Baixa | Máis opcións |


  • Estás na seguinte localización: Portada > O máis práctico > Consultorio legal  

Cambiar idioma

Outras utilidades


Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

As ventás embázanse por un defecto estrutural, pero o construtor non asume a súa responsabilidade

Dende que adquirín a miña casa, hai tres anos, as ventás embázanse de xeito continuado e sen razón aparente. O construtor enviou un técnico da empresa instaladora das ventás, que aclarou que o problema non se debía ás ventás, senón á grande humidade interior do inmoble. Ante a dúbida, pedimos unha segunda opinión que coincidiu coa primeira. Non obstante, o construtor asegura que o problema das ventás non está relacionado coa construción da vivenda. Que podo facer?

Ante casos de anomalías, vicios ou defectos de construción, a Lei de ordenación da edificación atribúelle a responsabilidade aos promotores, construtores, arquitectos e demais axentes da edificación que participasen na obra. Os prazos de responsabilidade establécense en períodos de un, tres e dez anos, en función dos diversos danos que poidan aparecer. O construtor, durante o primeiro ano, debe responder polos danos materiais derivados dunha incorrecta execución, como deficiencias na pintura e carpintaría. Por outra banda, todos os axentes que interveñen no proceso da edificación responden durante tres anos polos danos causados por vicios ou defectos que afecten á habitabilidade, salubridade e hixiene no interior da vivenda, como acondicionamento térmico e fontanaría. E responden durante dez anos polos defectos ou vicios que incidan na seguridade estrutural do edificio, tales como alicerces, soportes, vigas, muros de carga, etc. Para identificar o vicio ou defecto, a súa natureza e as medidas ou obras necesarias, é necesaria a peritaxe dun arquitecto ou aparellador que, no caso descrito, confirme se hai ou non vicios de construción. En caso de que o chalé se integre nunha urbanización, a persoa afectada tamén pode tratar esta cuestión co administrador da urbanización e consultarlle se esta anomalía se está a producir ou non tamén nos outros chalés.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • Accesibilidade: Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto