Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Asinei un contrato de aluguer por tres anos, pero gustaríame mudarme de piso un ano antes do pactado. Estou obrigada a pagar a totalidade da renda ata o vencemento do contrato? ¿Cales son as consecuencias se me vou antes?
O prazo pactado no contrato de arrendamento considera os dereitos tanto do arrendador coma do arrendatario. Nel establécese que o arrendatario está ligado á duración do contrato, polo que non poderá desistir unilateralmente sen sufrir as consecuencias do incumprimento contractual: a indemnización por perdas e danos. A Lei de arrendamentos urbanos de 1994 é moi clara neste apartado: en alugueiros de duración pactados superiores a cinco anos, o inquilino poderá desistir do contrato así que transcorra este tempo e sempre que se avise o dono da vivenda cunha antelación mínima de dous meses. Agora ben, en contratos de duración inferiores a cinco anos, a lei non regula esta situación, polo que é cómpre axustarse ao documento asinado. Por iso debe ler o contrato e comprobar se se lle penaliza ou non por deixar a vivenda antes do prazo. No caso de que o contrato recolla unha indemnización pactada deberá aboala cando entregue as chaves, momento en que deberá recibir devolta a fianza, salvo que houbese danos na vivenda dos que o arrendatario deba responder. Se, polo contra, o contrato non di nada ao respecto, o dono do piso poderalle reclamar perdas e danos, aínda que non necesariamente todas as rendas que resten ata o vencemento do contrato. Enténdese que a indemnización comprendería as rendas polos meses nos que a vivenda permaneza desocupada e libre, xa que noutro caso se daría unha situación de enriquecemento inxusto.
En CONSUMER EROSKI tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI