Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Na Rede enténdese por avatar, a grandes trazos, a representación gráfica da identidade dixital do internauta, de tal xeito que non son poucos os servizos que ofrecen a posibilidade de pór unha fotografía ou un debuxo que dea cara e ollos á dirección de correo electrónico do cliente de mensaxería, ou ao alcume que ten o usuario no seu servizo para falar por voz a través do ordenador. Para aqueles que opten pola creatividade dun debuxo ou dunha viñeta que os represente deseñáronse programas que os asisten na creación do debuxo e que ademais permiten gardalo para usalo cando se requira.
South Park Studio:
Stortroopers:
DRM e o canon dixital, incompatibles?
En 1989 Rogelio Bernal viaxou aos Estados Unidos para aprender inglés e xa nunca máis volveu vivir en España. Na terra das oportunidades foi testemuña e protagonista da revolución tecnolóxica na que hoxe estamos envolvidos. Primeiro como programador en Netscape e despois en eBay. Cando ambas as dúas empresas, situadas no lendario Silicon Valley, triunfaron, abandonounas en busca dun novo reto. Así é como fundou eListas, eGrupos e posteriormente coRank, un servizo de xestión de noticias moderadas socialmente que acaba de lanzar ao mercado de fala hispana e sobre o que se puxeron grandes expectativas. Todos estes sitios teñen o denominador común de seren redes onde os internautas desenvolven a súa propia personalidade dixital e se relacionan entre eles. Dende a súa perspectiva privilexiada, asegura que "se os medios de comunicación se resisten aos cambios, acabarán fóra de xogo".
John Hall, coñecido na Rede polo alcume "Maddog", enxeñeiro e programador lendario, é unha das personalidades máis relevantes no ámbito do software libre e un histórico activista na súa difusión. Dende Linux International, a organización sen ánimo de lucro que dirixe, promove a utilización do sistema operativo do pingüín en todo tipo de máquinas e dispositivos. Hall móvese sen problemas dunha punta á outra do mundo para explicar as vantaxes de usar Linux e as súas distribucións no canto de Windows, o sistema operativo da compañía Microsoft. E os datos, como el mesmo salienta, avalan o seu éxito. "Cando comezamos, só había unhas miles de persoas usando Linux; agora son decenas de millóns", destaca.
O primeiro que sorprende de Carlos Moreira é o seu acento profundamente suízo caracterizando un español fluído e case perfecto. Moreira naceu en Línea de la Concepción (Cádiz) pero de mozo marchou a Suíza a estudar hostalaría. Non obstante, tiroulle máis a diplomacia (nas Nacións Unidas) e a tecnoloxía, por esta orde. Tras o seu paso pola ONU, e tamén a raíz del, Moreira ideou Wisekey, un proxecto que comezou sendo unha alternativa para que os gobernos tivesen páxinas web seguras, e que agora o fixo socio preferente de Microsoft no apartado de confidencialidade dos usuarios do sistema operativo Windows Vista. "Chegou un momento en que Google sabe demasiado de nós", alerta.
En CONSUMER EROSKI tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI