Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informaciones, interpretaciones e calificaciones que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ó momento en que se realizaron e teñen, por tanto, unha vixéncia limitada.
A camiño entre o culto ó corpo e o crecente interese que suscita todo o relacionado coa saúde, practicar deporte converteuse en algo máis ca nunha moda pasaxeira
A camiño entre o culto ó corpo e o crecente interese que suscita todo o relacionado coa saúde, practicar deporte converteuse en algo máis ca nunha moda pasaxeira. Así o testemuña o incremento do número de matrículas que se rexistra cada outono en ximnasios privados e polideportivos municipais.
Comezar a practicar unha actividade física implica tomar decisións que aseguren que o esforzo e os cartos investidos non serán baldíos. Debemos considerar detidamente cuestións como decantármonos por un centro próximo ó noso domicilio ou por un próximo ó lugar de traballo, a titulación dos profesores e a elección da actividade que máis se adapte ás nosas necesidades ou obxectivos (evitármo-lo estilo de vida sedentario, desenvolvermos musculatura, endurecérmo-lo corpo sometido a unha dieta adelgazante). E, por suposto, a tarifa tamén influirá, xa que as diferencias entre centros privados ou públicos son notables e, entre os primeiros, a variación nos prezos resulta tamén considerable.
En CONSUMER EROSKI tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI