Saltar o menú de navegación e ir ao contido

CONSUMER EROSKI, el diario del consumidor

Buscador

Boletines

| Baixa | Máis opcións |


  • Estás na seguinte localización: Portada > O máis práctico > Consultorio legal  

Cambiar idioma

Outras utilidades


Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Os veciños queren cambia-la calefacción central de gasóleo por outra de gas cidade

A comunidade de propietarios á que pertenzo dispón de calefacción central de gasóleo para tódalas vivendas. Algúns veciños propuxeron o cambio da calefacción de gasóleo por outra de gas cidade, de dúas maneiras posibles: a primeira, mantendo a mesma calefacción central e cambiando a caldeira de gasóleo por unha caldeira de gas cidade; a segunda, instalando calefacción individual por caldeira de gas cidade. Nos dous casos cambiaríase o tipo de combustible. As miñas preguntas son: ¿É precisa a maioría por unanimidade para ámbolos casos? De non ser así, ¿que porcentaxe de votos tanto de propietarios coma de cotas de participación se require para aproba-los supostos? ¿En que situación quedaría un propietario que se opuxese a calquera das opcións?

Malia ás interpretacións que se poidan facer da Lei de Propiedade Horizontal, non é precisa a unanimidade para aprobar calquera destas dúas modificacións. No tocante á primeira opción (adapta-la infraestructura existente para axeitala a outro combustible), bastaría o acordo da maioría simple de propietarios e cotas. Ó se-lo servicio de calefacción central un elemento común que pertence en copropiedade a tódolos titulares do inmoble, a súa modificación por substitución do tipo de combustible e de caldeira é un acto de administración, polo que non é precisa a unanimidade. No tocante á segunda opción (suprimi-lo servicio colectivo de calefacción para substituílo por outro de calefacción individual), chegaría co acordo das tres quintas partes dos propietarios que representen tres quintas partes das cotas. Ademais, o acordo obriga tamén ós que votaran en contra, polo que deberán contribuír economicamente malia á súa disidencia. Aplícase o artigo 17-1 da Lei de Propiedade Horizontal, segundo o cal "o establecemento ou supresión dos servicios de ascensor, portería, conserxería, vixilancia ou outros servicios comúns de interese xeral, mesmo cando supoñan a modificación do título constitutivo ou dos estatutos, requirirá o voto favorable das tres quintas partes do total dos propietarios que, ademais, representen as tres quintas partes das cotas de participación". De tódolos xeitos, se non se alcanzase a maioría de tres quintas partes, hai xurisprudencia que considera abonda a maioría simple. Así, a sentencia do 7 de decembro de 1994 da Audiencia provincial de Madrid declaraba que a substitución da caldeira central por caldeiras individuais pode levarse a cabo cun acordo adoptado pola maioría dos propietarios.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • Accesibilidade: Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto