Saltar o menú de navegación e ir ao contido

CONSUMER EROSKI, el diario del consumidor

Buscador

Boletines

| Baixa | Máis opcións |


  • Estás na seguinte localización: Portada > O máis práctico > Consultorio legal  

Cambiar idioma

Outras utilidades


Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Instalar chemineas molestas require a aprobación da Xunta

Vivo nun primeiro andar situado enriba dunhas terrazas que se corresponden co teito duns locais comerciais. Nun destes locais atópase unha panadería, que instalou unha cheminea duns 75 centímetros de altura na devandita terraza. Esta cheminea bota fume practicamente durante as vintecatro horas do día e, como consecuencia, as vivendas que quedan enriba vense afectadas, ata o punto de que case non se pode abri-las ventás. A miña pregunta: ¿é legal que unha cheminea destas características estea instalada nesas condicións e botando fume case todo o día? ¿Pódese tomar algunha medida?

A instalación dunha cheminea para a saída de fumes nun elemento común do edificio, alterando a súa configuración e ocasionando, ademais, danos ós veciños, require, conforme ó artigo 12 e 17 da nova Lei de Propiedade Horizontal, o acordo unánime da Xunta de propietarios. Se non chegan a un acordo co propietario do local para solucionar este conflicto, poderían adoptar medidas xudiciais, instando a levar a cabo o derrubamento da cheminea. Para iso pódese convocar unha Xunta Extraordinaria de propietarios que inclúa na orde do día este asunto, coa fin de requirirlle posteriormente ó dono da panadería que retire a cheminea e informándoo de que, no caso contrario, a comunidade procederá a actuar pola vía xudicial. Para iso, a Xunta debería autoriza-lo presidente a iniciar accións legais. Para iso convén enviarlle unha carta ó presidente da comunidade informándoo dos feitos e solicitándolle que convoque a Xunta Extraordinaria. Tamén procede neste caso informarse no Concello sobre as licencias das que dispón (ou carece) o dono do local que lles causa o problema ós veciños. Esta información solicítase primeiro verbalmente e, se interesa, tamén se pode facer por escrito a través do Rexistro Xeral do Concello.


Relacións deste contido


Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • Accesibilidade: Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto